martes, 15 de maio de 2012

FIXEMOS UNHA PELÍCULA !

 
CLICAR SOPA DE NADA

       Durante as últimas semanas as tres clases de cinco anos e unha de cuarto de primaria, estivemos a facer  ¡UNHA PELÍCULA DE DIBUXOS ANIMADOS!

        Trátase dunha actividade ("Nós tamén creamos") para promover o uso do galego e, na nosa clase, fixémola a partir dun conto de OQO editora que se chama SOPA DE NADA. Despois de  moito traballo: escoller as escenas e adaptar o  guión, realizar os fondos, crear as personaxes ¡e darlles movemento!, engadímoslles a narración frase a frase ... e por fín conseguimos rematala.                
Todos fixemos de técnicos de animación colaborando nunha parte ou noutra: imaxen, movemento ou son. Para facelo utilizamos un  programa de stop motion (Monkey Jam) que parte de fotografar paso a paso tódalas escenas , movemento a movemento, fotograma a fotograma, máis ou menos 24 fotos para ter un segundo de película. Como dixo Celia "...pero Loli, eso son miles de fotos!". 

a cociña de Xan Rata


os primeiros personaxes









   
        
       Eles encargaronse, por turnos, de ir movendo as personaxes e os obxectos e eu sacaba foto a foto procurando ademáis ter coidado de que non se movese todo ou de que ningún dos técnicos pasase polo medio pisase todo ou tapase a luz ....

a casa de Xan Rata

        Durante o proceso, cando vimos a primeira escena montada (duraba só  24 segundos), varios dixeron: ¡ah, pero esto son dibuxos animados!. 

         Así que falamos de como se facían as películas de dibuxos ao principio, cando eran dibuxadas á man,  falamos de Walt Disney e vimos varios cortos de animación. Agora, cando ven unha peli xa pensan en como se pudo facer, nos materiais e técnicas empregados, si son dibuxos, plastilina, ordenador etc... 

        Por certo, Aquiles dounos unha explicación que me pareceu preciosa, de por qué se chaman  películas animadas: "... porque nos animan". Eso é certo tendo en conta o resultado (que a nós encantounos) , aínda que polo camiño ... case nos dese algo!



           E hoxe colgaron o noso cortiño de animación na canle infantil da RTVG  , alí podedes ver tamén os que fixeron os outros coles que participaron nesta actividade.  http://www.crtvg.es/infantil

esperamos que vos guste! 


     
       Os protagonistas desta historia de larpeiros e picaresca son  XAN GATO, MARÍA RAPOSA e XAN RATA.

  


... E ESTA É  A POTA ONDE SE COCEU TODO !