xoves, 7 de xuño de 2012

EL GATO Y LAS SARDINAS

       Ao longo deste curso, durante as sesións de expresión oral, os nenos e nenas da clase estiveron a inventar un conto  coa profe Mercedes. Traballaron a creación de personaxes, a invención dunha trama e finámente díronlle á historia creada un desenlace. Esto foi o que máis lles custou, xa que comezaron a introducir moitos personaxes e tramas alternativas, así que houbo que "podar" un pouquiño a historia.  Ademáis procuraron introducir no conto os nomes de todos eles e traballaronse as emocións, os sentimentos e as motivacións de cada  personaxe. Despois de ter a base central da  historia, que medraba e modificábase  día a día, pasamos a dibuxar as escenas e fomos escollendo as máis representativas, xa que, por exemplo, atopámonos con moreas de sereiñas por un lado e outros tantos castelos e dinosaurios por outro...


        Despois gravamos frase a frase toda a narración, intentando superar o "medo escénico"... e os ruidos de fondo dos 25 técnicos e  finalmente, coas imáxes e as voces gravadas, fíxenlles esta montaxe do conto.
Sábeno de memoria, xa que foi medrando con eles e, durante as probas que fixemos, moitos van recitando as frases e engadindo detalles das escenas e por suposto decindo quen dibuxou cada cousa...



          Así que aquí está "EL GATO Y LAS SARDINAS" : espero que vos guste!

guionistas, dibuxantes , voces e equipo técnico : os nenos e nenas de 6º C de infantil
dirección literaria : Mercedes, dando pautas aos ao equipo técnico,
e a miña colaboración técnica na fotografía, són e montaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!