domingo, 17 de xuño de 2012

UNHA DE ROMANOS !

       O último proxecto de este curso é un traballo sobre Os romanos que desenvolvimos os de 6ºC e 6ºB de infantil a partires dun documental da BBC que nos pasou María sobre as loitas de gladiadores e que os deixou impresionados. Despois Sara trouxo unha película de "Erase unha vez o home" e Alejandro veu con outra sobre "os romanos na Galia de Asterix" e entón xa collimos "carrerilla" ... Falamos da orixe de Roma (de Romulo e Remo criados por unha loba), dos Césares, das lexións romanas que conquistaron todo o mundo coñecido e de moitas pequenas historias como a das ocas do Capitolio que despertaron aos cidadáns de Roma cando eran invadidos polos bárbaros.   

      Un día collimos cordas e teas de cores na clase psicomotricidade e arreglamos túnicas e togas  para vestirnos coma eles: despois estivemos vestidos de emperadores un bó ratiño!  

               

        Aprendimos a escribir os números romanos e vímolos nos reloxos. Vimos palabras romanas que perduran hoxe como diñeiro que ven dos denarios e o as da baraxa e moneda que procede da deusa Moneta. Tamén falamos da orixe dos nomes dos días: xoves estaba adicado ao deus romano Xupiter ou Xove, martes ven de Marte, o deus da guerra, e venres de Venus... falamos das cores das túnicas e togas romanas, da púrpura imperial que so se lles permitía aos emperadores... E, como curiosidade, a palabra candidato procede da túnica cándida que  levaban os patricios que pretendían acceder ao senado romano...(un blanco puro que representaba a pureza de ideais para servir ao pobo )
    
      Escribimos con punzós nunha tablilla feita con cera que derretimos nunha caixa de madeira, e fixemos cuádrigas de cartulina  e cos bloques de madeira e xogos de clase construimos campamentos, acueductos e circos romanos... E fixemos moitos dibuxos!

      Vimos fotos das obras dos romanos e falamos das que temos cerca, como Pontemaceira, as murallas de Lugo ou a Torre de Hercules. E varios nenos foron con seus pais a visitar esos monumentos e mandáronnos moitas fotos do que viron por alí.

                                    
      E agora neste movie maker vemos: UNHA DE ROMANOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!