domingo, 21 de abril de 2013

NON É UN CARBALLO!

      O pasado venres os nenos e nenas da clase levaron para casa unha maceta cos carballos que nos naceran e que viñamos coidando desde o outono, cando saímos ao monte a recoller landras... Sementamos, regamos e coidamos durante meses, pero tiñamos outra historia detrás, e por eso tamén levaron esta carta  :

    No ano 1854  un presidente americano quixo comprarlle as súas terras aos indios a cambio de unha “reserva”, e o xefe Seatle contestoulle con unha carta que sigue sendo unha das máis fermosas defensas feitas sobre o medio ambiente.  Moi resumida a carta ben decir que:


  “ TODO O QUE  OCURRA   COA TERRA, RECAERÁ SOBRE OS FILLOS DA TERRA, XA QUE HAI UNHA UNIÓN EN TODO.

   ESTO É O QUE SABEMOS: A TERRA NON PERTENCE AOS HOMES; SON OS HOMES OS QUE PERTENCEN Á TERRA E TODAS AS COUSAS ESTÁN RELACIONADAS COMA O SANGUE QUE UNE AS FAMILIAS…”

    Por eso o que os nenos levan hoxe NON É UNHA ÁRBORE !


    Cando en novembro saimos a buscar landras e castañas, non estábamos só recollendo sementes, non as plantamos porque foramos só observar o proceso de crecemento dunha semente, (eso podemos velo en internet, pero nós preferimos meter as máns na terra…). Recollimos sementes, clasificámolas, escollimos as mellores, contámolas, plantámolas en macetas, regamos e observamos como medraban… Fixemos todo eso, pero sobre todo aprendimos a coidar un ser vivo que dependía de nós para medrar. Fomos responsables de plántalo con boa terra, de poñelo ao sol, de regalo para que non secase… 

   Practicamos o respeto polos seres que nos rodean 
   Practicamos a  paciencia, xa que durante meses alí non nacía nada, e de paso vimos que as cousas importantes levan tempo. Igual que a educación. A educación precisa boas sementes, pero tamén “boa terra, auga e sol”: coñecementos, medios, un entorno tranquilo e relaxado e sobre todo  o exemplo de pais, nais , profesores e da sociedade en xeral para prosperar. Os  nenos precísanno para medrar, sobre todo como persoas. Precisan acadar coñecementos pero, máis importante, hábitos e boas costumes, e na educación infantil comezamos a poner as bases da súa formación e crecemento como persoas … con paciencia e sen prisas. Poñemos nos pequenos as sementes da súa formación. Logo debemos coidalas “entre todos” e cada unha medrará ao seu ritmo e como decía un vello dito “as árbores e os nenos endereitanse desde pequenos”.


   O currículo da educación infantil sinala entre outros estos obxectivos:


  Fomentar a creación de lazos afectivos co medio natural e descubrir a nosa relación con el mediante o contacto directo coa terra.

  Comprender os ciclos biolóxicos: o das plantas, da auga, a materia, a enerxía, a fotosíntesis, as estacións.

  Sensibilizarse coas cuestións do medio ambiente.


   Pero, resumindo e aplicado na clase, queda o que dí este  proverbio indonesio:


“Conservamos  só o que amamos
amamos    o que entendemos
entendemos  só o que nos enseñaron”


    Agora levan unha maceta coas árbores que plantamos, pero en realidade levan un anaco do seu futuro e unha mostra do respeto que lles queremos inculcar pola natureza.


Hai un libro aberto para tódolos ollos: a natureza

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!