martes, 23 de abril de 2013

Un libro aberto para todos: a natureza ...

   Como a semana pasada por fín atreveuse a saír o sol, fomos de paseo polo camiño de Castrigo. Queríamos ver os coellos, e "intentamos" ir caladiños... pero vese que non estaban pola labor e non sairon. O que si poidemos facer foi escoitar moitos paxaros e observamos flores de moitas cores, sobre todo de cor rosa, añil e amarela. No collage está unha mostra do que fomos atopando...
    Como vos dixemos estos días cando levaron a casa os carballos que estivemos coidando desde o outono: "HAI UN LIBRO ABERTO A TÓDOLOS OLLOS, A NATUREZA"



      Polo camiño paramos nos regatos  por si estaban xa as rás, atopamos buratos feitos polos coellos, vimos como se arrastraba toda canta lesma ía polo chan (!!!)  e vimos coma o orballo quedaba atrapado nas teas das arañas... Pasámolo moi ben!
 




    
     Cando chegamos a Castrigo, atopamos o noso obxectivo final: unha horta preparada para plantar, xa tiña coles (coma as do conto do coelliño branco!) e estamos "madurando" unha idea que xa vos contaremos...



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!