mércores, 15 de xaneiro de 2014

CAZANDO MAMUTS

   En clase comezamos un novo proxecto sobre a PREHISTORIA E OS HOMES PRIMITIVOS. Xa o tiñamos pensado desde que contamos o conto de CRONIÑONA e agora xa estamos metidos de cheo no tema. Para inicialo comezamos moito tempo atrás: conteilles a historia da formación do Planeta a partir do big bang e logo a aparición da vida na terra e máis tarde a dos primeiros seres humanos. 


       Logo púxenlles un corto daquela serie estupenda de ERASE UNHA VEZ O HOME que contaba o mesmo: e falamos dos dinosauros, da evolución ("antes eramos monos?"... preguntan sempre), dos homes primitivos, como cazaban, onde vivían, que comían, as ferramentas que usaban, como descubriron o uso do lume (lembramos o conto "En busca del volcán") etc...

        E nesas estábamos cando chegou a profe María que viña facer un exercicio de psicomotricidade coas mans. María traía tres cabalos de espuma da sala que xa estaban rotos e pensaba facerlles traballar arrancando anacos cos dedos practicando as técnicas do rasgado e o pellizcado e ... "PAAAARA MARÍA! Espera que imos cambiar o motivo": conteilles  que o que traía María eran  TRES MAMUTS!  E QUE ELES TIÑAN QUE FACER COMA OS HOMES PRIMITIVOS E DESPEZALOS PARA COMER:

     Foi o momento xusto e esto foi o que pasou: totalmente metidos no seu papel, arrancaron, despezaron e cortaron os tres mamuts  con absoluta ferocidade... e non era nada doado!

clicade aquí para ver  
   Agora estamos xa preparando o traballo, cada mesa é un clan e escolleron o seu  animal totem para dibuxar .... Ah e saímos ao corredor sixilosamente a cazar mamuts! (son o resto dos profes...)
Xa vos contarei como nos vai... e sobre todo cando descubramos o xeito de facer lume!

Aquí vos poño o corto de Erase unha vez o home. É fantástico!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!