martes, 31 de decembro de 2013

O QUE FIXEMOS A SEMANA ANTES DO NADAL

CLICAR PARA VER
A semana antes do Nadal estivemos "un chisco atarefados": 
  • rematando os traballos, 
  • facendo postais e adornos  para levar a casa e colgar na árbore e "toleando coa purpurina"
  • decorando as preciosas bolsas para os traballos
  • tamén fomos invitados as clases dos maiores que nos querían cantar unha panxolina (e nós cantámoslles a eles... "un chisco", xa que quedaron cortados cos nervios),
  • logo recibimos a visita dos maiores que viñeron á nosa clase a contarnos o precioso conto de "Ambrosio o limpador de estrelas"
  • fomos ver o conto de "Antón e o Apalpador" presentado pola avóa do Caurel (interpretada pola profe Arancha totalmente metida no seu papel)  
  • tamén apareceron polas clases os paxes dos Reis Magos a falar con nós e traernos caramelos da súa parte.
  • o xoves despedimos a  Kevin, que foi pasar o Nadal en Venezuela.
  • recibimos a visita de Rosa, a nai de Nohemí que nos ensinou o villancico "mi burrito sabanero"
  • e o venres tivemos chocolate con churros que nos trouxo un churreiro (e Carmen quentounos o chocolate). 
  • Polo medio tivemos varias visitas de ex-alumnas que xa están no Instituto e se emocionaban cos pequenos tanto como eles con elas...
 Nin vos conto os apuros, os nervios, a emoción (serán os vapores da purpurina digo eu...je je), o sube e baixa entre infantil e primaria (cruzándonos coas outras 9 filas sin intercambiar nenos!) e a coordinación destas actividades... Finalmente todo saleu como tiña que sair e os nenos pasáronno moi ben! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!