mércores, 5 de marzo de 2014

DESFILE DE ANTROIDO

  O pasado venres tivo lugar o desfile de antroido no colexio. O eixo central eran os países do mundo, e nós escollimos Hawaii. En esta presentación veredes unha parte do desfile, que  inauguraron os maiores disfrazados de xenerais do Ulla a cabalo e que transcurreu baixo a atenta mirada da mesmiña raiña Isabel de Inglaterra cos seus cadeliños e acompañada de dous gardas reais...
   Logo, abriron a marcha os pequenos de tres anos que desfilaron con bandeiras pintadas por eles representando os seús propios países imaxinarios, seguimos os de catro anos vestidos de "keikis" de Hawaii coa música do hula e os de cinco anos de xaponeses cos traxes tradicionais e de samurais. Despois houbo mexicanos, maorís, outros hawaianos, cosacos chegados das estepas  rusas e coloridos masais vidos de Africa... Rematouse a festa coa actuación musical dun DJ para os maiores, xa que os de infantil retirámonos para seguir merendando e porque estaban agotados e precisaban moverse o seu xeito.

clicar para entrar
      E por si alguén se decatou, a nosa bandeira de Hawaii era "un pouco peculiar": tiña o doble de bandas que a verdadeira... e así todos pudemos pintar un anaco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!