mércores, 22 de outubro de 2014

HOSPITAL DE OSIÑOS DE PELUCHE

  O HOSPITAL DOS OSIÑOS DE PELUCHE é unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos e pretende  mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo (algún non o consigueu de todo...) e ensinándolles hábitos de vida saudables.
   Participando en esta actividade, en colaboración coa AMPA, hoxe visitáronnos 40 futuros médicos, estudantes de medicina de varios cursos da Facultade de Mediciña da USC que montaron nas clases de 5 anos diversos obradoiros : 
  • CONSULTA
  • ANATOMÍA
  • NUTRICIÓN
  • HIXIENE E VIDA SAUDABLE
  • E CIRURXÍA, CON QUIRÓFANO E TODO!
  • e tamén O XOGO DOS GLÓBULOS, na sala de Psicomotricidade  e no patio, onde os nenos repartidos en grupos de globulos blancos e vermellos corrían perseguindo virus. 
   
   Os futuros médicos chegaron ás 8:30 e comezaron a instalar os obradoiros: con salas de consulta, aulas para as clases de anatomía e hábitos saudables, quirófanos, salas de curas para vendar osiños etc... e como nós xa estabamos inmersos no Proxecto do corpo Humano, tamén tíñamos  o esquelete Pepe, un torso cos órganos a tamaño real e libros, láminas e diversos traballos e materiais aportados polos nenos.
   
        Cada neno trouxo a clase un Osiño e inventou unha doenza que lle contou aos médicos facendo eles de pais e nais que pasaban polas consultas explicando síntomas e cubrindo fichas para cada paciente  e despois, cambiando de roles, pasaron polo quirófano vestidos de cirurxáns. Moitas actividades polas que pasaban repartidos en pequenos grupos e que rematamos xustiños de tempo.

     Foi unha xornada moi interesante  na que aprendimos moito e demostramos o xa aprendido estos días. Foi moi divertida e pasámolo moi ben!. Na próxima entrada do blog contarei máis polo miudo e con máis fotos como transcurriron as actividades nos obradoiros.
 
os futuros doctores e doctoras

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!