O curso pasado conteilles aos pequenos o conto "O DRAGÓN que cambiaba de conto cada vez que esbirraba". Unha historia moi divertida narrada por David Aceituno e que conta coas fermosas ilustracións de Miguelanxo Prado que nos encantou. Pois hoxe ás 8 vai estar o ilustrador Miguelanxo Prado na libreiría Cronopios de Santiago da rúa Alfredo Brañas presentando o libro e firmando exemplares. Por si vos queredes achegar!
Unha mostra das páxinas de este fermoso libro que conta moitísimas cousas e no que hai un dragón, un cabaleiro, unha princesa, animais... un conto con moitos contos no que os nenos recoñecen historias dentro de outras historias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!