mércores, 30 de outubro de 2019

Recursos da Natureza

 Traballamos o OUTONO cos recursos que nos ofrece e a natureza no entorno máis próximo ao colexio.

 Saímos a recoller landras no camiño hacia Castrigo. Buscamos baixo os carballos as máis grosas, oscuras e xa co pico aberto asomando raices para despois sementalas na clase e observar o seu crecemento.
Este ano son espectaculares e estaban moi emocionados cando viron tantas.



 Temos, coma tódolos nenos, moito afán por facer coleccións de todo, por recolectar: follas, paos, pedras e landras claro. Aproveitamos para contar e clasificar!. E, xa na clase, aproveitaremos para escribir os nomes. Tamén atopamos setas, castañas e ourizos, landras de carballo americano (que foi unha historia facer pequenas hipótesis sobre como chegara aquí si a arbore máis cercana está no patio de 3 anos). No souto do Sr Manuel atopamos pequenas árbores (freixos, castaños e carballos pequenos) así como sementes de loureiro e cando vimos o arbusto  recollimos follas que despois levaron a casa... Co loureiro traballaron o olfato: ulíalles a cebola, a peixe... e decían que mamá tiña eso na cociña.

   Por desgraza tamén atopamos latas, plásticos, lixo... e como estamos coa recollida selectiva de basura decían en que contenedor debería ir cada cousa. A carón da porta xa vimos os contenedores que nos faltaban por contar do día que fixemos un inventario dos que hai no cole e no seu entorno.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!