martes, 22 de outubro de 2019

Unha rosa do deserto na auga

  Como sabedes na clase estamos a falar da reciclaxe e o coidado do medio ambiente, e tamén acabamos falando da importancia e o coidado da auga. Unha das experiencias con auga que fixemos estos días foi cunha rosa do deserto que levaba "dormida" máis de 3 anos. Eles non sabían o que era cando a tocaron e eu non lles dixen nada... 
  Fixeron un montón de hipótesis sobre esa cousa que se lles mostrou na clase e nunca viran antes. As máis realistas: que si era unha pedra, un atado de paos, un ourizo (primeiro o animal, pero non lle encontraban os ollos, despois un de castañas porque estamos no outono...), pensaron nun niño pero non sabían de que clase de paxaro...
 Polo tacto decían que pinchaba, era dura, áspera, pero ao mesmo tempo fráxil porque nos rompía nas mans e algúns non se atrevían a tocala... Estivemos un rato coa cousa nas mans e despois collín auga e quedaron pensando máis aínda. Cando a mollamos, vímola abrirse e desenvolverse bastante rápido, deixar de ser dura e correuda, cambiar algo a súa cor, algún xa veu ramas, outro raices... e entón xa se diron conta que parecía unha planta e que coa auga cambiaba.
  Agora témola na ventana e seguímola observando a ver si colle algo máis de cor co sol... a vez anterior virouse bastante verde e incluso medrou co tempo... a ver agora que tal se nos da!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!