mércores, 18 de marzo de 2020

Tarefas Euquedonacasa

  Boas! estamos subindo na web do cole actividades e propostas para que os nenos manteñan unha rutina de traballo fora da escola. Tedes acceso  AQUÍ. En breve habilitaremos unha aula virtual ou plataforma para todo o alumnado. Na proposta 1 están unha serie de rutinas e actividades para os primeiros días, na 2 a  actividade de "detective de pegadas" e na 3 experiencias  que podemos facer coas plantas e animais que temos pola casa. Evidentemente non son para facer todas, son orientacións así como as dos outros niveis.

   De momento poñovos aquí estas  que estarían incluidas nas rutinas diarias. (Copiade as imaxes para imprimilas e completar cada día, pero abrídeas antes de copialas para que se vexan ben).

 Este é o calendario que  estábamos a cubrir na clase.



Facer o mesmo co rexistro do tempo, teñen que riscar e a fín de mes facer o reconto total.
E rematamos con outra ficha de rexistro na que recoller outras cousas que fixeron ao longo do día.  E tamén como se sentiron xa que lles dará pé a falar do que está a pasar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!