venres, 27 de marzo de 2020

Todo vai ir ben!!!

Maeba mándounos este optimista corazón decíndonos que todo vai ir ben!!!. Seguro que sí. Moitas gracias Maeba!. E tamén fixo unhas marionetas de pinguinos. Imaxino que hasta lle inventou unha historia!. Aquí está co seu colaborador Gael!
O outro día tivo unha idea fantástica: vestirse de princesa para facer unha videoconferencia. Unha proposta  que podemos adaptar para este domingo. Vistámonos de festa para comer ou fagamos un picnic na sala. Na clase nalgunha ocasión en vez de merendar nas mesas deixolles facelo na alfombra e decimos que imos de picnic, encántalles!. Podemos poñer a tele de fondo con un programa de paisaxes e cantos de paxaros... ou praias e escoitalas ondas, sacar as toallas e imaxinar que estamos fora!. Seguro que pronto podemos facelo de verdade e o disfrutaremos como nunca!.


ÁNIMO A TODOS!. OS QUE ESTADES NA CASA E OS QE TEDES QUE SAÍR A TRABALLAR  E  AXUDAR!!! GRACIAS!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!