luns, 7 de novembro de 2022

"As chaves dos soños" de Ana Meilán

A visita de Ana Meilán e os seus contos estannos dando moito do que falar. Volvinlles a contar "as chaves dos soños" no que a nena protagonista ás veces ten medo pola noite xa que ten pesadelos cando durme. Pero un día súa nai cóntalle un segredo e regálalle un montón de chaves diferentes que lle permiten "viaxar" polo mundo dos soños e ter moitas aventuras e incluso algún pesadelo ata que lembra o poder das chaves e consigue superar o medo.

 Esta historia permiteunos falar dos soños, dos pesadelos e dos medos que todos temos ás veces... Ademáis a profe Sandra consigueunos un montón de preciosas chaves, púxenlles un lazo vermello para non perdelas (as de Adele son azules) e cada un escolleu unha para poñer baixo a almofada. Espero que funcionen e teñades bonitos soños!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!