sábado, 20 de novembro de 2010

O QUE DAN DE SI UNHAS POUCAS FOLLAS E ALGO DE MILLO...

    O que dan de sí unhas cuantas follas podedes velo agora. Durante uns cuantos días  recollimos follas no patio: de carballo americano, de arce común , liquidambar, morera, de castiñeiros do monte do Sr Manuel e tamén as que trouxeron os nenos e nenas á clase. Xuntámonos con moreas de follas que encheron a clase de aromas otoñais... Un día atopamos en Internet uns bichos feitos con anacos de follas e decidimos inventar os nosos. Primeiro dibuxamos unha colección de BICHOS-FOLLA e despois puxemonos a facer os nosos AUTORRETRATOS a partir dunha soa folla que era o corpo. A partir de ahí foron engadíndolle a cabeza, os brazos, as pernas e adornárona para facer un friso que colocamos ó longo do pasillo da nosa clase: VELAHÍ TEDES O RESULTADO... uns pequenos artistas que utilizan e aproveitan as posibilidades dos materiais naturais que nos rodean.










    Tamén nos trouxeron UNHA CESTA DE FROITOS que están agora de temporada: mazás, cabazas, marmelos, noces, avelás, castañas ... Pero o que máis lles extrañou aos nenos, foron as espigas de MILLO COLORADO : vermello, branco e  de dúas cores ...Eles pensaban que todo o millo era amarelo e por suposto non sabían que nos tempos de antes a maioría do millo era destas fermosas cores, que desgraciadamente se están a perder e con elas a variedade xenética e a súa riqueza. E na clase, cando rompen os graos, eles recóllenos e prántanos nas macetas das ventás... ¡e xa hai algúns medrando!