sábado, 20 de novembro de 2010

UNHA TARTA DE MAZÁ

      Cada día, antes de empezar a traballar, colocamos no panel da clase as tarefas previstas. Na caixa dos pictogramas da clase temos un que significa "cociñar" e os nenos estaban preguntando moitas veces cando pensaba eu deixarlles poñer ese símbolo. Así que un día coloquei  o símbolo por sorpresa e levei os ingredientes necesarios. Preparamos todo e puxémonos a cociñar. Despois escribimos os ingredientes da receta. f
FIXEMOS UNHA TARTA DE MAZÁ.
Este foi o resultado...




         A tarta estaba moi rica e aínda que algúns comeron máis ingredientes que tarta, outros non deixaron nin as frangullas e repetiron..... varias veces.