venres, 3 de decembro de 2010

VISITAMOS O COLE DOS MAIORES

Ola de novo a todos e todas :

     Aquí estamos outra vez para contarvos a visita que fixemos fai uns días ao cole dos maiores. Trátase de que os nenos coñezan as diferentes instalacións e departamentos do cole para que se manexen nel con soltura. Nesta ocasión fomos ver cómo chegar ao ximnasio . Despois dar  voltas por alí e dar con el , de pronto escoitamos un forte ruido, coma un ruxe-ruxe e puxémonos a escoitar a través das paredes. Ao principio, como viron auga no chan, a maioría pensaba que podía ser un río subterráneo (algúns tamén dixeron que podía ser un volcán ou un león ...e cousiñas así...). Hai que ter en conta que os nenos desta idade aínda viven inmersos nunha realidade que está composta tanto de elementos reais como máxicos. Así que nos puxemos a observar... e fixemos un percorrido que nos levou a atopar unhas tuberías e o depósito de combustible. Despois estuvemos falando das caldeiras, dos combustibles , da calefacción e do seu funcionamento... e tamén de como chega as clases.
     Un dos obxectivos da educación infantil é que coñezan o seu entorno. Partimos dos seus coñecementos previos para analizar as cousas que observamos arredor noso e intentamos que saquen conclusións razonadas usando a lóxica e que despois  sexan capaces de expresalas de xeito ordenado.

Observar.....
                           analizar.....
                                                     razonar.....
                                                                              pensar.....
                                                                                                    expresar .....

                                                                                          ......   COÑECER

 
e no medio de todo... só estivemos xogando e dando unha volta polo patio... aquí está o resultado da nosa investigación: