xoves, 18 de novembro de 2010

O SOUTO DO SR MANUEL

UNHA  AVENTURA  POLO SOUTO  DO  SR  MANUEL
"unha clase de educacion medioambiental"

"Hai un libro aberto sempre para todos  os   ollos:  a natureza".
Jackes Rousseau
"Pensa globalmente, actúa localmente"
A veces tendemos a pensar na Natureza como algo afastado...
non e asi : a natureza esta nunha maceta na nosa aula
 ou nun anaco de monte detras do cole...
O ambiente de aprendizaxe e algo mais que un edificio, unha disposición do mobiliario ou unha colección de centros de interés. A visión conceptual da disposición do ambiente e moito máis ampla e, ao mesmo tempo máis básica. Descansa nun entendemento das relacions entre entornos físicos e conducta, entre disposicions ambientais e aprendizaje. O centro escolar debe funcionar como un ERGOSISTEMA SALUDABLE no que as interaccions entre o entorno  e as persoas se desenvolvan de xeito fructífero pedagóxicamente ...

Hoxe en día sabemos da importancia e necesidade que ten o noso alumnado de achegarse a un medio xa case descoñecido para eles ao vivir en zonas cada vez mais urbanas, de ter un maior contacto e coñecemento do medioambiente.
Para o alumnado non creemos que sexa tan significativo a deterioración dos arboles dunha afastada selva como as plantas e arboles situados no seu propio colexio e entorno. Por  eso cada ano facemos paseos polo souto e plantamos landras, castañas e outras sementes  na clase ... porque si coidan e aman a sua arbore acabaran respectandoas todas
Cando comezou o Outono fixemos un paseo polo monte que temos detras do cole e poidemos ver os castiñeiros cos seus ourizos e os cogumelos que comezaron a sair coas primeiras choivas. Observamos as fermosas cores otoñales e disfrutamos do paseo ... Recollimos follas, ourizos, paos, algunha flor e procuramos deixar todo como o atopamos sin romper nin pisar os cogumelos...¡foi toda unha aventura!

saimos  pola porta de emerxencia...
cruzamos amodo...
 
 unha tropa...
 collimos castañas e ourizos ... con moito coidadiño...
 como o Sr Manuel ten o Souto tan limpo,
axudamos a recoller alguns paos que vimos tirados...
 atopamos cogumelos a punto de abrirse...
 ... vimos follas, castañas, cogumelos, paos, buratos...
escoitamos paxaros, vimos algunhas toupeiras e varios bichos...
non estaban os  coellos, esquios, raposos, nin lobos
pero eles atoparon/viron/imaxinaron os niños, buratos , pegadas...
... e algunha cagadiña tamen


 medimonos coas arbores: somos mais  altos ,mais baixos...    


PASAMOLO MOI BEN
E  APRENDIMOS COUSAS DA NATUREZA
 
Conservamos só o que amamos
amamos só  o que entendemos
entendemos só o que nos enseñaron

(proverbio bayán )
Indonesia



Transmitir aos máis pequenos o respecto pola natureza e a contribución ao desenvolvemento sostible supón un obxectivo clave do currículo .