xoves, 8 de marzo de 2012

OS SEÑORES DOS CASTELOS

     Aquí estamos as señoras e os señores dos castelos, facendo os traxes e as coroas,  e decorando as espadas para os cabaleiros e os cetros para as damas. Case non cabíamos na clase para facer os traxes: moitas damas delicadas e cabaleiros barulleiros!. Supoño que a revolta dos Irmandiños que acabou con moitos castelos na Idade Media, foi algo parecido...  Nas mesas non collíamos... así que traballamos por todo o chán da clase, e  aínda non nos chegaba!.         
    
    Usamos bolsas douradas e prateadas para os traxes e centos de gomets para decoralos con grecas e flores: non sei si o Toisón de Ouro levará tantas xoias como puxemos nós!. Tamén lle pegamos no peito os escudos que inventamos cos nosos propios símbolos. 
      E para rematar, vestímonos e marchamos para casa ... arrasando... pero todos reais e señoriais!