domingo, 18 de marzo de 2012

VOCABULARIO DOS CASTELOS





     


   

       Creo que, polo momento, esta vai ser a nosa derradeira entrada sobre os  castelos, aínda que os nenos e nas nenas van a continuar dibuxando, construindo e averiguando máis cousas sobre eles. É un tema que  ten fascinados a moitos deles, porque lles gusta moito esa parte de misterio que poida ter a Historia, pero cando se meten, por exemplo nas ruinas das Torres de Altamira, decátanse de que todo eso que lles contamos tamén foi real , de que pasou de verdade: aí están os restos das fortalezas, anacos de torres de defensa, patios de armas polos que pasearon as damas e cabaleiros dos que falamos... 
         
        Ademáis é de agradecer a colaboración dos papás e mamás que os están a levar a  facer visitas a castelos e fortalezas cercanos, co que poden pisar o chan, velo con outros ollos e meterse máis na nosa Historia. Algún chegou a clase contando que no pozo das Torres vira "algo que brillaba no fondo...": probablemente o reflexo da súa imaxinación... Ou non... porque por ahí andan as lendas que falaban de tuneles que baixaban das Torres. E de momento non os atoparon!

    






       

        
       Bueno, o caso é que para rematar, entre todos fixemos unha especie de recopilación de palabras que aprendimos sobre o tema e despois dibuxámolas. Póñovos a lista que saleu ese día, pero tamén falamos de outras moitas e que non están aquí: as motas, a ponte levadiza, rastrillo, troneiras, torneos, arietes etc... E tamén algunhas curiosidades sobre como estaban distribuidas as cociñas, as despensas e os dormitorios ...

       Ao final tamén puxen fotos dun pequeno problema que tiña intrigados a algúns (de que xeito podían subir polas escaleiras durante os asedios aos castelos sin que lles caeran?) ...e non pararon ata dar cunha posible solución.


VOCABULARIO DOS CASTELOS

 





Os artesáns

       Agora estamos a darlle unha volta á parte práctica da vida dos castelos, non todos eran reis, señores, cabaleiros con armaduras e espadas, príncipes e princesas... (que era o que máis lles lucía) . Non todo eran festas, caceirías e torneos para os señores, e cantigas e bordar tapices para as damas:  tamén estaban os campesiños, os artesanos e os servos, que eran os que facían o traballo máis prosaico e laborioso para manter o nivel de vida dos castelos según a riqueza dos señores... E sempre á disposición deles, xa que estos eran donos ata das súas vidas e sin moitas festas nin tempo libre... Coma en tódolas épocas, había moita diferencia de clases e de dereitos...

       Chocoulles saber que non todos sabían ler ou escribir e que os encargados de transmitir a cultura e as historias e contos populares eran sobre todo os trovadores, os bufóns e os monxes  que facían os libros copiandoos, antes da imprenta, un por un á man, (aquí falamos ata do Códice Calixtino roubado na Catedral!). Impresionoulles que fixeran esos maravillosos libros usando pigmentos minerais e ata mesmo ouro... e poder facelo usando plumas de aves e pergamiños feitos coa pel de ovellas.