venres, 2 de marzo de 2012

      Xa vos dixera , nunha entrada anterior, que na clase fixemos unha máscara que viña sendo unha mestura de varios personaxes do entroido típico galego: Os Volantes de Chantada , que nos parecían “medusas” xa que levan na cabeza uns "puchos" feitos de vimbios sobre os que colgan moitas cintas de todalas cores e que poden pesar ata 15 kilos e as  Madamas e Galáns de Cobres en Vilaboa, co seu gorro cheo de flores e colares e que van casa por casa para bailar e celebrar así desde hai séculos o Entroido máis peculiar e vistoso das Rías Baixas. 

         Sobre unha cartulina fixemos as máscaras mesturando  un pouquiño de cada: as tiras dos volantes e as flores de papel das madamas e galáns. 

      Fixémos as flores con moreas de papeliños de seda e tiras de papel pinocho. Case tivemos unha sobredose de papeliños: TÍÑADES QUE VER TODA A CLASE CHEA DE CINTAS E NON HABÍA MESA QUE CHEGARA PARA POÑER TODO ... pero para rematar, deixámolo todo moi limpo e recollido!
          O que me faltaba por poñer era o resultado, porque ainda que xa as tedes na casa, a maioría non vístedes o conxunto, cmo nos quedou en grupo. Así que aquí está!