domingo, 1 de abril de 2012

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

cartel da campaña de concienciación

O vindeiro día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo. 
    O autismo é un trastorno xeneralizado do desenvolvemento (TXD) que presenta unha gran variedade de expresións clínicas e resulta de disfuncións multifactoriais no desenvolvemento do sistema nervioso central.
    Ademais do trastorno autista, dentro dos TXD atópanse tamén o trastorno de Asperger, o de Rett , o desintegrativo infantil e varios máis.   
     Os Trastornos do Espectro Autista (TEA) constituen unha perturbación grave e permanente de varias áreas do desenvolvemento. O grado na que esta perturbación afecta ó desenvolvemento varía moito dunhos casos a outros, polo que se fala dun "espectro", é dicir, de diferentes grados de alteración, existindo persoas con maiores ou menores dificultades.
     Ademais da variedade de expresións condutuais, existe tamén unha diversidade de niveis intelectuais, desde o atraso mental profundo a niveis normais ou superiores de intelixencia. Xeralmente teñen boas capacidades nas áreas viso-espaciais (pensamento visual, habilidade para o debuxo, quebracabezas) e tamén de memoria mecánica e de motricidade.

     Para máis información sobre este tema  entrade na páxina da Federación de Autismo España , contén recursos e información sobre os trastornos de espectro autista.  Aquí atopei a reseña dunha páxina que vos recomendo tanto para pais como para educadores. Trátase dunha web moi interesante elaborada por Antonia Ortega, a nai dun neno con NNEE, que leva 6 anos compartindo e recopilando as mellores ferramentas gratuitas para nenos de educación infantil e de necesidades especiais.


web de recursos de Antonia Ortega


  
    
ENLACES INTERESANTES:

http://www.webantoniaortega.com/
http://www.autismoenred.com/
http://www.raiolas.org/autismo/