domingo, 22 de abril de 2012

UNHA MACETA: UN PLANETA

    Cada día atopas na rede cousas que che sorprenden, por exemplo hoxe abres é a icona de google fai referencia a que se celebra no mundo o DÍA DA TERRA, pero segues a buscar e atopas que tamén é o DÍA DA MACETA.     
     Cousa curiosa a de celebrar estes días precisamente, aínda que penso que deberíamos ser quen de coidar o nosos entorno cada día e facernos conscientes de que tamén temos  outros 364 para traballar polo planeta. A veces pensamos máis no que podemos facer por salvar o Amazonas, as especies protexidas dunha lagoa en Borneo ou os elefantes de Bostwana. Pódenos parecer broma, pero é máis perigosa para o medio ambiente a desparición das rás e outros pequenos anfibios... Pensar en grande está moi ben, pero ao mesmo tempo esquecemos que o entorno a salvar empeza na porta da casa, nas ráns do rio en Castrigo, nas árbores dos montes e parques de Bertamiráns e nos xardíns do colexio.... (que estos si que parecen estar en perigo de extinción). E eso haino que inculcar desde pequenos. 
      Tamén lembro cando nos decían aquelo de que cando un monte se queima algo teu se queima. Certamente, algo noso se queima: non só os pinos e os carballos, senón o aire mesmo que respiramos, a nosa esencia como pobo... Cando arderon as fragas do Eume, os nenos víronno de outro xeito porque lembraron que nesa fraga comenzaba a historia de Derdrín (o trasno do libro O Corazón do bosque de Agustín Fernández Paz). Aínda que eles non tiñan conciencia da importancia de esa fraga orixinal, si que lle daban a súa propia personalidade: para eles era un monte especial. Coma todos! E de eso se trata cando nos falan de poñer os montes en valor: de coñecelos, respetalos e querelos. Pero en serio, non só un día. Vivir cerca das plantas conéctanos coa Natureza e mellora a calidade de vida, porque nós tamén somos unha especie a protexer!

 A NOSA PEQUENA COLABORACIÓN

o  millo da maceta xa ten espigas!
     En clase coidamos as plantas (aínda que ás veces corran risco de afogarse por exceso de coidados...), sementamos case todas as sementes que apañamos no patio (e apañamos moitas, moitas, neste momento de glicinias e de arces) e este ano aprendemos a trasplantar unha especie protexida: os acibros. Cada un de nós plantou tres ou catro e estamos a coidalos ata que chegue o momento de levalos á casa para buscarlles un sitio onde medrar. Esta é a nosa aportación a este día: si os facemos responsables dunha maceta acabaran por sentirse responsables de todas as árbores do planeta.


   COUSAS  GRANDES .... E PEQUENAS 

      Por outra parte agora na clase, no recanto de observación, temos un microscopio e estamos a mirar todo o que podemos: comenzamos polo interior das sementes dos arces que plantamos coas súas folliñas enroscadas e os pelos brillantes que as protexen, follas, plumas de diferentes paxaros, ás de bolboretas, minerais e ata fósiles... Están sorprendidos de cada cousa nova que ven e sempre hai algún colgado do micro, outros buscando algo novo para ver e varios detrás empurrando impacientes para adiantarse...












O acibro : clica para saber máis

UNHA CURIOSIDADE !

     Aquí vos enlazo unha páxina do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que recolle unha das primeiras campañas televisivas de prevención de incendios (é do ano 62!) e que fixo famosa a frase "cuando un monte se quema algo tuyo se quema". A frase quedou metida no subconsciente de moitas xeracións, pero desgraciadamente a realidade parece que desminte  unha boa idea...

clica