domingo, 3 de novembro de 2013

FESTA DA COLLEITA NO OUTONO!

     Ao longo do Outono era a época da colleita de moitos froitos e tamén de hortalizas como as cabazas. Recollíase o millo, as castañas, facíase a vendima etc...A tempada da colleita remataba coa festa do Samaín unha celebración  agraria que sinalaba o final dunha estación. Esta tradición é de orixe celta (que hoxe moitos mesturan co Halloween dos zombies, vampiros e bruxas...pola influencia das películas) e nela empregábanse as cabazas decoradas para meter medo aos enemigos e aos mortos e pantasmas. Poñíanse nos cruces dos camiños por ser sitios de paso e nas portas das casas para protexelas... Bueno, en realidade o que poñían os celtas, espetadas en paus diante das casas, eran as caveiras cortadas dos seus enemigos e a tradición foi derivando ...

       Esta tempada na clase fixemos a nosa particular colleita: os nenos e as nenas traían a clase cabazas, millo, uvas, castañas, noces... e incluso a nosa conserxe nos trouxo millo de cores moi diferentes (cada vez quedan menos de esas fermosas e orixinais variedades). Eu levei a clase unha manchea de cabazas de formas e cores moi diferentes. Alvaro trouxo pipas da súa cabaza e, como xa  tiñamos máis na clase, plantamos algunhas no terrario e xa están medrando!

  
    Despois fixemos sesións de "trae e conta" nas que cada neno explicaba algo sobre o que traía. Logo fixemos tamén varias de "degustación" e comimos: uvas, laranxas, mandarinas... comparando e explicando sabores, texturas  e tamén olores.Tamén diferenciamos entre froitos secos e froitos carnosos e pronto comeremos as castañas cando celebremos o Magosto!
       En esta presentación vedes varios momentos de estas sesión de "trae e conta" e tamén como rematamos indo a ver a exposición do samaín que fixeron nas casas: cabazas decoradas con moita arte, reloxos, bonecas de milllo, colares, aneis, animaliños de xoguete...un sinfín de traballos moi creativos. MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN! (as fotos da exposición de infantil e primaria estarán pronto no blog da Biblioteca)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!