domingo, 10 de novembro de 2013

O SAMAÍN, OS MONSTROS E O MEDO

   Estos días, coa celebración do Samaín e as festas de Halloween en clase falamos das cabazas e das cousas que nos dan medo. A cada un dábanlle arrepíos diferentes cousas: as momias, as bruxas, os zombis, as serpes, os dinosauros, as formigas comenenos, os piratas-esqueletos e os lobos feroces... Como vedes hai de todo e bastantes cousas que están inspiradas nas películas que ven. E como curiosidade direi que aínda que os lobos feroces (que son os dos contos) danlles medo, sempre dín que tamén hai lobiños bós (os que teñen fillos aos que coidar e alimentar...) 

      Entre todos puxémonos a pensar un monstro: eu ía engadindo todo o que se lles ocurreu para que dixe moito medo: cabeza grande, ollos de diferente tamaño, cornos, cousas saíndo das orellas... e do narís, e moitos moitos dentes... eles correxían o que eu dibuxaba na pizarra e despois cada neno dibuxou o seu propio monstro. 
     E aquí tedes os terribles monstros do Samaín!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!