luns, 11 de novembro de 2013

RETRATOS CON FROITOS DO OUTONO

   No cole  estamos a facer os retratos dos Castañóns, elaborados a partir dos productos e froitos do outono que fomos xuntando estos días. Os de catro anos fixemos os nosos despois de ver varios cadros do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo. Este artista fixo por encargo do rei Rodolfo II varias series de retratos empregando elementos naturais e dándolles aspecto "real". Tamén fixo varios cadros que cambiaban según o sentido no que os mirases. Nós partimos da observación da serie das 4 estacións (sobre todo "O outono")
    

  Seleccionamos e clasificamos todo, separando froitos secos de carnosos, escollendo cabazas, follas e pinas... logo fixemos grupos de catro para fomentar o traballo en equipo e comezamos a compoñer os retratos escollendo os elementos que nos gustaban máis. Cando conseguían rematar un retrato eu sacaba a foto e seguíamos facendo outros. Outra vez fixémolo por parellas  e así fomos conseguindo máis traballos. As fotos están na exposición dos castañóns da entrada do cole.

Clicade aquí para ver como o fixemos:

E estos son os retratos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!