domingo, 11 de maio de 2014

OS PAXAROS DA MAÍA

   O venres fixemos unha saída moi especial con Marta, a nai de Álvaro, que intentou ensinarnos a identificar os paxaros polo seu canto. O traballo de Marta  está relacionado co medio ambiente e antes da saída explicounos como se ten ir preparado: tipo de calzado, roupa, prismáticos ...e que ela sempre leva unha libreta de campo para tomar notas do que ve. E comentounos que sempre escribe con lapis xa que se chove non se corre a tinta ... Antes de saír lembramos as normas importantes para esta saída: falar baixiño para poder escoitar os paxaros, non andar a correr e ter coidado por onde andamos... Como pudemos comprobar máis tarde o máis dificil foi o de falar baixiño... aínda así, non espantamos a tódolos paxaros e pudemos escoitar uns cuantos: carrizos, picafollas e paporrubios... O máis doado de identificar pareceunos o picafollas, xa que o seu nome en inglés reproduce o són que fai (chiff-chaff)
    Andando, andando, pasamos de Castrigo, seguimos a carretera por debaixo da autovía e chegamos a unha enorme muralla de pedra onde demos volta... Alí Marta ensinounos unha rapaz voando altísima en círculos e díxonos que era un ratoneiro. Casí non podíamos vela de tan alta...

    Polo camiño atopamos de todo: un cadeliño que levou un susto cando nos veu, formigas traballando, os "interesantísimos" restos dunha toupiña nos que puderon ver as fortes patas que ten para furar na terra... e paos, moitos paos, follas, flores, pedras e cada vez que parabamos a descansar... moreas de gravilla. Se lles deixamos traer todo o que viñan recollendo  igual hai que rebachear o camiño...

   

   Marta tamén nos trouxos fotos dos paxaros para identificalos e fotocopias para que os pintasen: o que máis lles gustou foi o paporrubio.
   Gracias Marta pola visita!





      En esta presentación está o resumo do paseo que demos, que non foi pequeno, e cando volvemos a clase xa era hora da merenda, lavamos as máns ... e a comer. Non quedaron nin as migallas...
 
Premer AQUÍ para ver as fotos da saída

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!