domingo, 11 de maio de 2014

NAIS CONTACONTOS: O FLAUTISTA DE HAMELIN


   Seguindo a serie de visitas a clase estivo con nós Pili, a nai de Noelia, que nos veu contar o coñecido conto dos irmáns Grimm: O FLAUTISTA DE HAMELIN.
    Pili deixou a todos abraiados xa desde a entrada porque apareceu cunha colorida e chamativa peluca na cabeza. Tamén trouxo unha bolsa da que, cando iniciou a lectura do conto, foi sacando multitude de accesorios, gorros, peluches e sobre todo unha FLAUTA para ir ambientando o conto. Noelia exerceu de directora da sesión e encargouse de axudar a súa nai sacando as cousas precisas no momento xusto ... e levando o control do conto durante toda a sesión.


 










    Os rapaces seguiron con curiosidade esta versión  do conto, sobre todo cando o flautista tocaba a flauta, e quedaron estranados co final, xa que era distinto do que esperaban: os nenos e nenas de Hamelin non volvían a casa dos pais e nais mentireiros, senón que quedaban no país das verdades.

premer na imaxe para ver a presentación da sesión
     Cando rematou o conto dibuxamos a Pili e esto é o que fixeron:

premer AQUÍ para ver os debuxos


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!