sábado, 17 de maio de 2014

NAIS CONTACONTOS: VISITA DE CLARA


    O venres, seguindo coas visitas de nais contacontos, estivo con nós Clara, a nai de Arancha: trouxo varios libros que nos deixou na clase para ver máis tarde e contounos "Perla e o bolso perdido" e "Bichos" de Pepa Pig. Presentáronse todos e despois dos contos, levamos a Clara a ver hortiña. Alí tamén pasamos un rato divertido e os nenos ensináronlle os tomates, as cebolas e as leitugas... E como descubriron varias miñocas, contáronlle que son animaliños beneficiosos para a horta e puxéronas dentro dos caixóns. Tamén se puxeron a recoller e botarlle as boliñas de abono ás leitugas. Cando volvimos por debaixo do paseo das glicinias descubrimos que, coa calor, as sementes escacharan e caeran ao chan e apañaron todas as que puderon. Despois en clase contáronas e leváronas para casa. Antes de merendar dibuxamos a Clara e o paseo pola horta. Logo fomos ao recreo e, cando marchou Clara, Arancha botou unhas cuantas lagrimiñas...


                                              Aquí están as fotos da visita de Clara:

preme para ver a visita de Clara



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!