mércores, 7 de maio de 2014

NAIS CONTACONTOS: "CONFUNDINDO HISTORIAS" DE GIANNI RODARI

    Hoxe estivo con nós Bea, a nai de Noa para contarnos un divertido conto de Gianni Rodari: "CONFUNDINDO HISTORIAS". Nel, o avó, que está tranquilamente lendo o seu xornal, ten que poñerse a contarlle un conto a súa neta . Pero non llelo conta de calquer xeito, xa que aínda que é o coñecidísimo de Carapuchiña Vermella, o avó comeza deste outro xeito: "Erase unha vez unha nena que se chamaba Carapuchiña Amarela...". Os nenos da clase, igual que facía a nena no conto, interrumpen inmediatamente a historia: NON! Que é Carapuchiña Vermella...!
   
     E con esta pequena historia de Rodari, Bea tivo aos nenos e as nenas moi atentos a unha historia que estaba CONFUNDIDA  e todos estiveron moi pendentes dos cambios nunha narración que tan ben coñecen.
    Despois puxémonos en plan "periodistas"e fixéronlle unhas cuantas preguntas a Bea que, cando rematamos coa "entrevista", quedouse un ratiño con nós mentras a debuxábamos contándonos o conto e durante a merenda. Nin que decir o contenta que estaba Noa!

  O libro está editado por Kalandraka e conta coas divertidas e orixinais ilustracións de Alessandro Sanna. O autor, Gianni Rodari, graduouse en Maxisterio e foi un gran renovador da literatura infantil e xuvenil. Tamén foi político, xornalista, pedagogo e escritor... e logrou o Premio Andersen en 1970 que ben sendo como o Nobel da Literatura Infantil.

   E nesta presentación podedes ver as fotos da sesión de contacontos que nos fixo Bea. Moitas gracias por compartir con nós este momento!

premer AQUÍ para ver as fotos da sesión

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!