Verónica, a nai de Vero, veunos falar da inxeniería pesqueira, que é a carreira que estudou e a súa profesión. Trouxo un powerpoint e falounos da pesca en grandes barcos e dos peixes e outras especies que se comercializan despois. Explicounos a pesquería e o cultivo acuícola en granxas ubicadas tanto nos propios mares como lagos e rios e falounos da cría das ostras en cestas e dos atúns, que poden chegar aos nove metros!.
Tamén nos falou das especies utilizadas nas conservas e preparounos unha degustación con algunhas. Unha explicación moi sabrosa!. Aproveitaron ata o aceite!. E despois merendaron...
Unha montaxe con algunhas fotos...
Moitas grazas a Vero por esta charla e polas esta xornada gastronómica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!