Cristina que é Policía Local do Concello de Ames, acompañounos nesta andaina. As tres clases de 5 anos saímos desde o colexio pola Avenida da Peregrina e rematamos na Plaza da Maía. Durante o recorrido ela e os seus compañeiros Eva e Martín fóronnos falando de Seguridade Vial.
Explicounos o funcionamento dos semáforos, quen ten preferencia cando está a Policía, as sinais, a importancia de camiñar polas beirarrúas (démonos conta que algunhas son moi estreitas e perigosas!), cal é o xeito correcto cando cruzamos as calles etc...
Neste video podedes vere como foi transcurrindo a andaina polas rúas e no de abaixo o xogo de busca no Pazo da Peregrina:
De volta acompañáronnos ata o Pazo da Peregrina onde as titoras tíñamos organizado un xogo de busca. Sós ou mellor en grupo, tíñan que localizar unha serie de cousas a partir das fotografías que lles entregamos no panel: plantas, letreiros, marcas nas pedras, elementos arquitéctónicos... e tamén atoparon algúns desperfectos que afectan á nosa seguridade cando xogamos no Pazo.
Despois merendamos no campo e aínda quixeron seguir a busca porque había cousas moi difíciles de atopar. E por suposto pasámolo moi ben!. De volta e costa arriba a algúns fíxoselles eso "cósta arriba", pero chegamos moi ben. Merece unha mención especial Inés C. polo seu esforzo e por chegar cunha sonrisa: de premio deixáronlle facer sonar a sirena do coche da policía para despedir a actividade!.
Moitas gracias a Cristina, a Eva e a Martín por facernos ver as rúas con responsabilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!