luns, 11 de xuño de 2018

Unha clase de fisioterapia

     Fai uns días tivemos a visita de Lorena e de Estrella, a tía e a avóa de Pablo. Lorena é fisioterapeuta e veunos explicar en que consiste a súa profesión. (Máis abaixo está o video coas fotos da sesión). Traía un power point preparado e moito material que se emplea na súa profesión e falounos da importancia de coidarnos, de osos, músculos e tendóns... Díxonos que a fisioterapia  sirve para tratar e coidar o corpo: para dar masaxes aos bebés, mellorar a calidade de vida dos anciáns, recuperar lesionados e incluso para mellorar a respiración e desatascar os bronquios cando padeces por exemplo de asma.
   Fixemos exercicios de respiración e xogamos cunha pluma ver canto aguantabamos.  A fisioterapia  tamén sirve para o que máis lles interesou: para tratar a deportistas lesionados. Con Pablo de axudante simularon unha lesión de nocello xogando ao futbol e "como non había rotura" fíxolle o tratamento  a pé de campo e unha vendaxe para que poidese volver xogar. 
 
    Cando rematou o partido explicounos os pasos a seguir para a recuperación do "lesionado": masaxes e exercicios. Pablo fixo moi ben o seu papel. De remate Lorena, que viña toda preparada con camilla, bandas de estiramento, vendaxes e demáis, preparou unha cama elástica para que todos fixesen exercicios. Pasárono xenial saltando!
    Moitas gracias a Lorena que nos explicou xenial en que consiste a fisioterapia e a Estrella que lle fixo de axudante porteadora. Algunhas decían despois que querían ser fisios de maiores... e ademáis Pablo xa está completamente recuperado da súa lesión!

   Neste video están as fotos da sesión:
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!