O outro día achegámonos a primaria para ver os monicreques de 4º que están expostos no segundo andar. Estaban impresionantes!. Falando con Ana H., unha das profes que coordinaron este traballo, pedinlle que nos "prestase" algún dos autores dos monicreques e viñeron Aida a irmá de Inés e Elena a irmá de Antón.
Entre as dúas fixeron unha exposición magnífica do taller, explicaron os materiais necesarios,o proceso de creación, os accesorios, a técnica, o tempo que lles levou... todo!. E ademáis responderon ás preguntas que lles fixemos. Estiveron estupendas e Aida ata lles puxo voces aos personaxes!. Unha maneira de aprender entre iguais: elas foron moi boas profes e nós moi bós alumnos!. E moi atentos!
(as fotos dos monicreques publicaranse en breve na web do cole e poderedes aprecialos en detalle pero si tedes ocasión achegádevos a velos, paga a pena!)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!