A semana pasada fomos coñecer as aulas de primeiro que teremos despois do verán. Falamos cos profes e cos nenos, que nos ensinaron como as teñen organizadas e como usan os materiais. Terán material de uso individual e algún de uso común como en infantil. Fixeron preguntas e miraron todo o que quixeron. E por parellas, cada maior explicoulle a un pequeno como traballan e se organizan.
Regaláronnos un dibuxo para cada un e cantáronnos unha canción
con música de acordeón interpretada polo profe Jesús. E probamos as
mesas e as sillas para ver si xa nos sentíamos algo de primaria.....A uns gustoulles a biblioteca de aula, a outros unha zona con xogos matemáticos, ter os baños dentro sin ter que saír ao corredor... Outros vían moitas sillas sin espazos de xogo ou asamblea e a volta viñan dando a súa opinión. Tamén recorrimos outros espazos xa máis coñecidos por eles: a biblioteca, dirección sala de profes, andar superior con zona de exposición... Aínda que en xeral lles gustou "a visita", uns viñan algo convencidos e outros nada e algún decía que non quería ser maior... Xa sabemos o que implica medrar: un proceso de transición e adaptación.
Que rápido se me pasó el tiempo, ahora empiezan una nueva etapa y que la afronten con ilusión.
ResponderEliminarParece que foi onte cando eran os pequenos do cole... e o outro día estábamos na clase falando de primaria, do insti e da universidade jeje! E do que querían ser de maiores...
ResponderEliminar