Dentro das visitas dos pais e nais que temos organizadas esta temporada, Noemí a nai de Thayssa, estivo na clase para contarnos a historia da princesa india Pocahontas. Conta a relación entre a tribu de Pocahontas e os colonos e descubridores ingleses. Entre os "salvaxes", como eran considerados os poboadores nativos, e os "civilizados" británicos: un choque de culturas entre os habitantes do vello e os do novo mundo, con distintos xeitos de relacionarse coa natureza que os rodea. Uns respetándoa como a nai que lles proporciona de todo para vivir e outros como fonte de riqueza... E ese é un dos conflictos que plantexa o conto...
Como curiosidade decir que a historia de Pocahontas ou polo menos o seu personaxe foi "real" ata certo punto (cambiada polo filtro de Disney). Naceu no 1595 en Virginia (USA) e morreu con 21 anos en Inglaterra en 1617. Convirteuse á relixión anglicana, chegou a ser Lady Rebeca, foi escritora e por certo: non casou con John Smith....senon co rico dono dunha plantación de tabaco. Podedes ver mais na wikipedia.
a Pocahontas de Disney |
este é un retrato da aunténtica Pocahontas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!