Sandra, a nai de Paula, foi a nosa convidada. É médica e veunos explicar o seu traballo no PAC. Falounos do corpo, dos osos, do corazón, dos oídos... No seu maletín de médica traía moitas cousas, unha ambulancia de xoguete e aparatos para mirar os oidos, a tensión, o corazón... Vimos como é un estetoscopio, probámolo todos e pudemos escoitar o noso corazón latexando!
Mostrounos como se fai unha escaiola: trouxo vendas e con auga morna e a axuda de Paula escaiolaron o brazo dun boneco da clase. E deixounos anacos para facer máis escaiolas. Algúns falaron das súas experiencias con brazos, máns e hombros escaiolados...Tamén nos deixou de agasallo un pequeno kit de urxencias que preparou ela.
Despois baixamos á zona do Bibliopatio e alí tivemos unha sorpresa: os seus compañeiros viñeron cunha ambulancia!. Victor e Juan son TES, técnicos de emerxencias sanitarias, con un plus engadido de paciencia e bo humor. A entrada da ambulancia foi fantástica (algúns do cole pensaron que estabamos co simulacro de evacuación de incendios!) e entre os tres explicáronnos todo o que ten por dentro e como funciona. A verdade: é incrible a cantidade de cousas que leva dentro unha ambulancia, non hai un centímetro desaproveitado.
Foron superamables e pacientes, deixáronlles probar a camilla facendo un simulacro de recollida dun paciente con Paula e Lucas B. de voluntarios e leváronos a todos nas sillas para baixar as escaleiras. Pasámolo moi ben, fixeron un montón de preguntas e non creo que lle volvan ter medo a médicos nin ambulancias!.
Moitas grazas a Sandra e aos seus compañeiros Victor e Juan
por esta experiencia que foi á vez instructiva e divertida!
por esta experiencia que foi á vez instructiva e divertida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!