Fixemos unha saída ao Pazo do Faramello no Concello de Rois. O seu dono, Gonzalo Rivero de Aguilar, ensinounos o xardín e fixo con nós un recorrido polo entorno. Falounos da antiga fábrica de papel que foi orixe do pazo e da labor de recuperación e reforestación do entorno con especies autóctonas que son máis resistentes ao lume.
Cada recanto que vimos era precioso!
Despois dunha longa camiñata volvimos ao Xardín do Recordo e merendamos coas familias que nos estaban esperando: foi unha xornada moi especial!.
Coa axuda dos pais plantamos no Xardín do Recordo, en memoria das víctimas do Alvia, os tres árbores do amor (cerquis siliquastrum) que mercou o colexio.
E mentras xogamos pola beira do río atopamos brotes e canas de bambú xigante.... Co permiso de Gonzalo creo que levaron as mochilas cheas de brotes e anacos de canas. Estaban moi emocionados. Despois do traballo que fixeramos para o libro agora ven bambús por todas partes!
Unha montaxe coas fotos que saquei durante a visita ao Pazo....
Un sitio precioso y digno de visitar..
ResponderEliminar