Ao longo do curso todo o centro participou nun proxecto en común: "Proxectando en verde"
para coñecer e saber mais das árbores e plantas que temos no colexio.
Cada clase escolleu unha e traballou e investigou sobre ela. Na nosa
clase
escollimos O BAMBÚ. Comenzamos polo bambú dourado
que está nunha esquina do patio, pero logo fomos averiguando moitísimas
cousas de esta especie que ten variedades herbáceas e leñosas, de
douradas a negras, desde 30 centimetros ata outras de 30 metros (extendimos un
cordel no patio para comprobar cantos son)....
O pai de Alma trouxonos unhas canas de bambú negro con raices e esperamos moitísimo ata que de pronto comezou a agromar... e rematamos plantandoo nunha esquina a carón do patio cuberto.
O pai de Alma trouxonos unhas canas de bambú negro con raices e esperamos moitísimo ata que de pronto comezou a agromar... e rematamos plantandoo nunha esquina a carón do patio cuberto.
Durante todo o tempo fomos coidando o noso bambú e aprendendo moitas
cousas del. Rematamos elaborando o libro que están levando a casa. Unha
das cousas máis curiosas é que as sementes tardan sete anos en saír da
terra e moitos cánsanse de esperar, pero de súpeto as variedades xigantes poden medrar 30 metros nun mes!.
Atopamos un conto xaponés que nos dou que pensar sobre a paciencia. (premede aquí). Na educación infantil a moitos parécelles que non temos resultados inmediatos pero é que somos como as sementes do bambú: durante os seus primeiros 7 anos a semente medra hacia abaixo, está desarrollando e formando as raices...
Como remate desta actividade ademáis de investigar sobre o bambú, tíñamos que decorar a nosa porta.
O libro do bambú
premer AQUÍ para abrilo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!