luns, 28 de maio de 2018

Tomás e "O fogar do meu burro"

  O luns 21 os nenos das tres clase de 5 anos achegámonos ao "Fogar do meu burro", un Centro de Terapia con animais na aldea de Lamas coordenado por Tomás no que os protagonistas son os burros. Uns animais que, según Tomás, son moi respetuosos co ritmo dos demais xa que son pacientes, lentos, tranquilos, colaboradores e sobre todo e a pesar do seu nome, moi intelixentes.  Podedes ver máis información na web do Fogar.

 Cando chegamos, Tomás presentounos aos seus burriños e contounos a historia de cada un e de onde viñan. A primeira impresión dos nenos foi co olfato, pero deseguida se esqueceron para disfrutar cos burriños.
   Explicounos como había que tratalos para non molestalos. Démoslles de comer e preparámonos para a saída na que moitos nenos puderon ir por quendas nos carriños durante o recorrido pola aldea.
   Atopamos xente traballando nas súas hortas e fomos camiñando ata o campo do muiño onde nos paramos a merendar (esfameados!). 
   Despois de recoller todo, achegámonos ao lugar de Lamas onde Tomás ten un prado enorme que lle prestaron os veciños e onde fai os talleres de música. Alí ensinounos a facer instrumentos musicais con materiais corrientes (tubos, plásticos, cordas, cocos, tapas, globos...) 

     E de remate xogaron cos burros e puderon acaricialos. Son realmente pacientes e tranquilos!. E os nenos pasárono moi ben!. Moitas grazas Tomás!!!


2 comentarios:

  1. Que bien se lo pasaron, y aprendieron el lenguaje de los burros.... Orejas para atrás enfadado, orejas hacia arriba contento. Jajajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pasámolo moi ben e sí que algúns estiveron moi pendentes das orellas dos burros... por si acaso. Non fora ser que se enfadasen jeje
      Pero eran supertranquiliños! E de burros nada como decía Tomás.

      Eliminar

Comentarios: a túa opinión conta!