Dentro das visitas para contar contos na clase veu Yoli, a nai de Irene. Contounos a verdadeira historia do Ratiño Pérez e por qué ten o costume de levar os dentes dos nenos e deixar a cambio un agasallo. Un libro escrito por Ana Serna Vara, ilustrado por Margarita Menéndez e editado por Susaeta. Regalounos un precioso ratiño de fieltro feito por ela para cada un, para gardar e deixar baixo a almofada os dentes que nos caen. E unha ficha para ir anotando a data na que nos cae a peza.
Como podedes imaxinar, Irene (que non é nada faladora) levaba moitos días "gardando o secreto dos ratiños", impaciente por ver na clase a súa nai. Irene contounos que levou moito tempo facelos e que aparte de coselos o máis dificil foi enchelos de algodón para facerlles a barriguiña. Quedamos encantados cos nosos preciosos ratiños!.
Moitas grazas a Yoli de parte de todos pola visita e polos ratiños de cores!!!.
Un detallazo los ratones, no veas la ilusión que le hizo. Gracias
ResponderEliminar