sábado, 15 de outubro de 2011

AÍNDA NADA ?

     Agora que estamos no outono, aínda que non o pareza!, os nenos están a traer a clase follas de tódolos tamaños e cores, poliñas de árbores, piñas (a Irene encántanlle!) e tamén sementes diferentes. As máis abondosas son as landras e temos unha boa colección de tódolos tamaños. Algunhas destas cousas estamos a usalas para facer unha escultura de outono, outras están a secar nas ventás e as máis delas plantámolas nas macetas da clase: van sair carballos para reforestar a Maía enteira!.
   O que pasa é que somos uns impacientes e deseguida queremos ver o que medra . Na clase temos un contiño sobre as plantas e a paciencia que se chama  "AINDA NADA"  de Christian Voltz e do que acabo de atopar en you tube esta animación en plastilina realizada por Diana Tessari.




    E para os pequenos impacientes, aquí vemos un lapse time sobre a xermolación das sementes. É  a parte do proceso que non podemos ver habitualmente, xa que sucede baixo terra, aínda que na clase temos plantacións de patacas e, neste momento de millo vermello, nun bote grande de plástico transparente que nos deixa ver  a formación das raices e o seu crecemento.





o noso millo vermello