venres, 21 de outubro de 2011

A voltas co millo!

      Estos días andamos a voltas co MILLO: na clase temos espigas  de diferentes cores,  aínda que a maioría dos nenos hoxendía pensan que todo o millo é amarelo. Esta é por certo, unha idea moitas veces fomentada desde as escolas e os libros, sobre todo os que son para os máis pequenos: cousas amarelas? cha, chan! o sol, os plátanos,os ovos,  o millo!
      POIS NON!. Os mellores plátanos teñen manchiñas marróns, a xema dos ovos pode ser máis ben de cor laranxa (ou blancuxa se son de pato), o sol pode ser vermello e o millo pode ter moitas máis cores: amarelo, vermello, blanco, laranxa, raxado e ata negro.

Cal é entón o motivo de que moitos asocien o millo só coa cor amarela?.
      Por unha banda están como dixen os libros para os pequenos, pero por outra está a realidade: a maioría do millo que se cultiva agora é a variedade híbrida americana, disque por rentabilidade económica. E así, pouco a pouco, foron desaparecendo todas esas outras clases de millo tan fermosas que nos viñeron de América, facendo ademáis peligrar a diversidade xenética que enriquecía os cultivos para facelo resistente aos insectos e ás pragas. Por certo, en moitos países estase a debatir a conveniencia ou non de permitir alimentos transxénicos, xa que se anda xogando co ADN... pero en concreto España é un dos países con máis cultivos xenéticamente modificados.... ( Aquí teríamos moito de que falar sobre as alerxias, intolerancias alimentarias etc.. que cada vez máis afectan aos nenos.)
       
     Hai probas de que se cultivaba millo polos menos desde uns 7000 anos e  Cristobal Colón, do que falamos na clase o outro día, veuno por primeira vez na illa de Cuba en 1492 na súa primeira viaxe e foi quen o trouxo a Europa. Pero foi no século XIX cando os americanos empezaron a desenvolver variedades seleccionadas  que a partir de mediados do século XX tamén foron modificadas xenéticamente

Pero bueno, volvamos as cores! Na clase, cando pintamos algo, antes procuramos facer unha labor de observación e por eso nos gustan tanto as mesturas: nin o ceo é sempre azul, nin as nubes sempre brancas, nin as follas son todas verdes... 

Así que na clase pudemos ver millo de varias cores pero despois, como somos como somos, fomos debullando pouco a pouco as espigas... ata deixar só os carozos. ¿Que podíamos facer cos graos debullados? Non se ían perder... Así que  prantámolos polas macetas da clase... e enchemos as ventás con prantiñas de millo. 
Tamén vimos como se pode empregar na arte e as manualidades: usamos fariña de millo (caducada) para darlle textura á pintura, pódese empregar en manualidades con bolas de cores de composición similar aos gusanitos  e as follas e os carozos eran usadas antigamente para facer xoguetes...


        E hoxe vimos varias maneiras sabrosas de alimentarnos con este cereal: comimos millo en forma de palomitas e millo cocido ...
somos tirando a larpeiros!