venres, 21 de outubro de 2011

PAISAXE DE OUTONO

"Paisaxe de outono con catro árbores"
Vincent Van Gogh
     Cando deu comezo o OUTONO, na clase falamos dos cambios climáticos (que non se estaban a producir) falamos das cores do outono que estaban a aparecer nas árbores e entre outras cousas falamos de como diversos pintores interpretaban este tempo. Un dos cadros que atopamos foi "Paisaxe de outono con 4 árbores" de Vincent Van Gogh.
     Entre todos fixemos unha análise do cadro: contamos as árbores, separamos o fondo das figuras, estudiamos as cores que tiña o cadro e probamos  mesturas  para obter diferentes marróns. Probamos a facer diferentes texturas para que as nubes parecesen máis esponxosas e as cortezas das árbores máis duras e rugosas e utilizamos unha mestura de témpera, cola e fariña de millo. Tamén comparamos coas cores que vemos no entorno e coas follas que están a traer os nenos e empezamos a facer un mural de outono: saleunos un cadro ao que lle chamamos evidentemente "Paisaxe de outono con 12 árbores" (todas as que nos colleron no papel...). E por último sacamos unha foto de todos co mural de fondo e algunhas das cousas de outono que fomos xuntando estos días. (Como hoxe Alba non estaba, coloqueina despois co fotoshop na foto de grupo).  

Os pintores