Seguimos o circuito que siguen as augas limpas e sucias: desde que abrimos unha billa ou tiramos da cisternas, polos desaugadoiros, tuberías e alcantarillas ata as depuradoras de residuais. Observamos, analizamos e tomamos conciencia de que a auga é un ben escaso e limitado que temos a necesidade de conservar e manter limpo. Moitas veces a auga, un recurso vital, resulta afectada por diferentes graos de contaminación, polo volcado voluntario ou involuntario de sustancias de orixen industrial, vertidos cloacales e industriais sin tratamento previo, residuos sólidos etc... Falamos da contaminación da auga e de como as industrias que a utilizan para o seu funcionamento, teñen a obriga de devolvela limpa ó seu entorno para poder conservar limpo o noso planeta...
Este video peruano de "la gotita viajera" sirveunos para ilustrar o tema traballado.
Finalmente, despois de ver como funciona unha depuradora de verdade, fixemos un experimento e CONSTRUIMOS UNHA PEQUENA DEPURADORA. Utilizamos un par de botellas, varias baietas e moita area fina ...Fixemos a nosa propia auga contaminada con terra e ... puxémonos a filtrar... A primeira vez a auga saleunos bastante turbia, pero na segunda volta engadimos máis area fina e máis baietas e a auga saleunos case transparente... APRENDIMOS QUE A AUGA NON TEN QUE TER COR, NIN OLOR, NIN SABOR...
Tratamos de tomar conciencia do medio que nos rodea, de tomar medidas para conservalo e sobre todo ser solidarios cos que son menos afortunados que nós ...
