Creo que, polo momento, esta vai ser a nosa derradeira entrada sobre os castelos, aínda que os nenos e nas nenas van a continuar dibuxando, construindo e averiguando máis cousas sobre eles. É un tema que ten fascinados a moitos deles, porque lles gusta moito esa parte de misterio que poida ter a Historia, pero cando se meten, por exemplo nas ruinas das Torres de Altamira, decátanse de que todo eso que lles contamos tamén foi real , de que pasou de verdade: aí están os restos das fortalezas, anacos de torres de defensa, patios de armas polos que pasearon as damas e cabaleiros dos que falamos...
Ademáis é de agradecer a colaboración dos papás e mamás que os están a levar a facer visitas a castelos e fortalezas cercanos, co que poden pisar o chan, velo con outros ollos e meterse máis na nosa Historia. Algún chegou a clase contando que no pozo das Torres vira "algo que brillaba no fondo...": probablemente o reflexo da súa imaxinación... Ou non... porque por ahí andan as lendas que falaban de tuneles que baixaban das Torres. E de momento non os atoparon!

Bueno, o caso é que para rematar, entre todos fixemos unha especie de recopilación de palabras que aprendimos sobre o tema e despois dibuxámolas. Póñovos a lista que saleu ese día, pero tamén falamos de outras moitas e que non están aquí: as motas, a ponte levadiza, rastrillo, troneiras, torneos, arietes etc... E tamén algunhas curiosidades sobre como estaban distribuidas as cociñas, as despensas e os dormitorios ...
Ao final tamén puxen fotos dun pequeno problema que tiña intrigados a algúns (de que xeito podían subir polas escaleiras durante os asedios aos castelos sin que lles caeran?) ...e non pararon ata dar cunha posible solución.
VOCABULARIO DOS CASTELOS
![]() |
Os artesáns |
Agora estamos a darlle unha volta á parte práctica da vida dos castelos, non todos eran reis, señores, cabaleiros con armaduras e espadas, príncipes e princesas... (que era o que máis lles lucía) . Non todo eran festas, caceirías e torneos para os señores, e cantigas e bordar tapices para as damas: tamén estaban os campesiños, os artesanos e os servos, que eran os que facían o traballo máis prosaico e laborioso para manter o nivel de vida dos castelos según a riqueza dos señores... E sempre á disposición deles, xa que estos eran donos ata das súas vidas e sin moitas festas nin tempo libre... Coma en tódolas épocas, había moita diferencia de clases e de dereitos...
Chocoulles saber que non todos sabían ler ou escribir e que os encargados de transmitir a cultura e as historias e contos populares eran sobre todo os trovadores, os bufóns e os monxes que facían os libros copiandoos, antes da imprenta, un por un á man, (aquí falamos ata do Códice Calixtino roubado na Catedral!). Impresionoulles que fixeran esos maravillosos libros usando pigmentos minerais e ata mesmo ouro... e poder facelo usando plumas de aves e pergamiños feitos coa pel de ovellas.