![]() |
reseña do libro de OQO |
Acabo de recibir un comentario no blog da Biblioteca que me deixou ENCANTADA!. Nin máis que menos que de Gonzalo "DARABUC" o AUTOR de SOPA DE NADA, o album ilustrado que acabamos de adaptar co noso pequeno corto de dibuxos animados. Ven decindo que lle parece "moi gracioso e axeitado para un conto de humor". Desde aquí agradecémoslle o seu comentario!
![]() |
clicar en libros de Darabuc |
Resumo da reseña do conto feita por OQO EDITORA:
"O autor recupera unha antiga receita, a da Sopa de pedra, un conto popular que como a miúdo sucede cos relatos de orixe tradicional presenta versións distintas segundo o país. Darabuc, reelabora os ingredientes e cociña unha Sopa de nada moderna e con grandes doses de humor... unha fábula coa que os nenos aprenderán a importancia de compartir e de ser solidarios. E ademais, descubrirán que para superar situacións de necesidade e dificultades, moitas veces só fai falta un pouco de enxeño e imaxinación.
Os protagonistas, como en case todas as fábulas, son animais. Neste caso, María Raposa e Xan Gato, dous pícaros que un bo día chegan ás portas dun palacio pedindo comida. Alí vive o avaro de Xan Rata que non lles quere dar nada, e eles entón ofrécense a prepararlle unha sopa prodixiosa, sopa de nada. A ilustradora iraniana Rashin Kheiriyeh capta o toque irreverente e mafioso que Darabuc lle dá aos personaxes "
E ademáis puxo a nosa película no seu blog!