UN DÍA CALQUERA NUNHA CLASE DE 3 ANOS:
DESPOIS DE VER A PETICIÓN DA XEFA DE ESTUDOS PARA QUE LLE ENTREGUEMOS XA OS HORARIOS :
aínda non sei onde colocar os seguintes aspectos que quero compartir con vos e que seguramente recoñecedes:

- sección identidade persoal: "yo , yo , yo, y cuando me toca a miiiiiiiiiiiiiiiiiiiiií?. Non é egoísmo é egocentrismo: importo eu … e os demais están a estorbar. “dame la mano a miiiiiiii!”
- sección amor materno: "cuando viene mi mamáaaaaaaaaaaaaa?
- sección "no quiero ir al comedoooooooooooor! con imaxen gráfica das amigdalas e máis ala... bastante máis alá, polo esófago polo menos. Vale como iniciación ao estudo do aparato dixestivo.
- Sección profes especialistas: “ah! pero ahora que te conozco a ti me tengo que quedar con este otro profe?”
- sección estrana: "pues yo no me quiero ir a casa" (agochada baixo unha mesa)
- sección expresión oral e AL: varios que non falan, varias que non calan, e varios que non escoitan…).
- sección "me he hecho pis" sic (na clase falamos castelán, galego, e por señas ...)
- control de esfínteres: "me he meado ... (consulta médica: como pode caber tanto pis nunha vexiga tan pequeniña?)
1. opción a) “pero si me bajé los pantalones... ah, pero no los calzoncillos!”
2. opción b) no se baaaaajan! (tirando do mandilón). Despois será: “no se suben!”
3. opción c) a máis contundente e categórica: "yo no sé"
4. opción d) admirando o pis que corre polas pernas ... e mirando alternativamente para a profe e para a taza do water : polos pelos non chegamos!
5. opción d) eliminación de residuos máis ou menos sólidos polo conducto habitual e cos outros 24 mirando por riba a ver que pasou…
6. opción e) os que son capaces de facer pis e vomitar ao mesmo tempo ... eso é habilidade e coordinación!. Agora imaxinade á profe correndo pola fregona, consolando ao pequeno e intentando evitar que a cousa se extenda… e cos outros 24 mirando por riba a ver que pasou …

- seccion matemáticas-bis-Noción de infinito: cuando viene mi mamá? . cuando viene mi mamá? cuando viene mi mamá? cuando viene mi mamá?cuando viene mi mamá?cuando viene mi mamá? (afortunadamente xa casi só pasa no patio)
- sección "yo no quieroooooooo! Despois de media hora de explicar con cariño e paciencia e razoar usando múltiples argumentos …acudimos á Resposta pedagóxico-dictatorial: "pero eu siiiiiiiiiiiii Son as normas e aquí mando eu!”
- sección IMPERATIVO LEGAL, variante ordeno y mando: "AAAAAAAAAAbreme la mochila! PONME...! DAME ! HAZME!
- Sección problemas matemáticos : os conceptos dentro e fora aplicados ás mochilas e tupers : a merenda está dentro-eu estou fora- eu teño fame… como fago ???
- sección tranporte e comedor:
1. luns: hoxe vai en bus, pero non volve en bus xa que vai quedar no comedor.
2. martes: hoxe non queda no comedor pero mañán e o venres si.
3. mércores: hoxe vai no coche coa abuela
4. xoves: hoxe chora porque non quere ir ao comedor, ou porque quere ir e non lle toca.
5. venres: hoxe conteinos a todos e cada un vai onde ten que ir!
“PERO CREO QUE O QUE NOS PIDEN QUE POÑAMOS EN PAPEL VAI SER QUE, POLO MEDIO DE TODO O ANTERIOR, O QUE OS NENOS E NENAS TEÑEN QUE ACADAR SON AS SEGUINTES COMPETENCIAS:
1. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
escoitar, falar, ler e escribir. contos e relatos.
2. COMPETENCIA MATEMÁTICA
habilidades matemáticas aplicar o pensamento matemático
3. COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
interacción coas persoas, os obxectos, a exploración do espazo e do tempo…
4. COMPETENCIA DIGITAL E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
tecnoloxías ordenador
5. COMPETENCIA SOCIAL formas de comportamento socialmente eficaz.
escoitar, respectar a quenda de intervención, presentarse, prestar axuda…
6. COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA coñecemento, comprensión, uso e valoración das manifestacións culturais e artísticas.
7. COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER aprender gozando dunha forma eficaz e autónoma
8. AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL
coñecemento de si mesmo e uso do propio corpo.