
Páginas
luns, 26 de novembro de 2012
AS CASTAÑAS DO MAGOSTO

OS FROITOS DO OUTONO... E O MAGOSTO
Tócame hoxe contarvos o que fixemos estos días. Xa que estamos no outono, imos aprendendo cousas sobre esta estación de tempo tan cambiante. Saímos pola contorna para observar os cambios na natureza: o tempo, os fenómenos atmosféricos, as cores das árbores etc. Fomos vendo como as árbores do patio perdían as follas día a día. Recollimos landras dos carballos e follas de distintas formas,cores e tamaños. Os nenos tamén están a traer a clase distintos froitos e productos que se dan neste tempo: espigas de millo de distintas cores, cabazas de diferentes tamaños, cogumelos, landras, castañas e ourizos, avelás e noces... Todo esto ímolo clasificando e poñendo na mesa de exposición. Cada mañán fixemos unha sesión de "traio e enseño" e cada neno e nena que trae algo cóntalle a todos qué é ,onde o recolleu e como se chama.
Con todo o que trouxeron (froitos, cabazas no samaín, xoiería con froitos do outono, bonecos feitos con millo e casulos etc...) fixemos unha exposición no edificio de infantil e tamén demos unha volta polo edificio de primaria para ver a que fixeron os maiores.
Tamén saímos un día a ver un laranxeiro que temos nun recanto do patio e que estaba cargado de froitos. Esta árbore foi plantada por nenos e nenas que agora xa están no instituto!. Uns plantan e outros recollen...Como aínda estaban algo verdes, volveremos outra vez a recoller as que estén maduras para comer!
E comimos froitos secos como noces e avelás e carnosos como as mandarinas e as granadas... e, por fin, este venres rematamos comendo castañas na CELEBRACIÓN DO MAGOSTO.
Neste issuu podedes ver un pouco do que fixemos esta tempada.
Etiquetas:
conmemoración,
natureza,
outono,
saída
venres, 9 de novembro de 2012
ÓLIVER E OS SEUS AUDÍFONOS
Hoxe nas clases de tres anos tivemos unha visita moi especial , viñeron Ana e o seu amigo o elefante Óliver a contarnos un conto: trátase de "Óliver e os seus audífonos". Está escrito por Maureen Cassidy Riski e Nikolas Klakow e ilustrado por Polygone e Nicolas Babey.
A historia procura facernos máis conscientes das dificultades que os problemas de audición acarrean na vida diaria desde o punto de vista dun pequeno. Falounos das visitas ao médico, das solucións ao problema de Óliver e de como se fan as probas de audiometría. Tamén repasamos algunhas palabras difíciles (audífono e otorrino...) e Ana ensinounos uns audífonos de verdade. Ana e o seu compañeiro pertencen a ACOPROS , a asociación coruñesa de promoción das persoas xordas ou con discapacidade auditiva que como fin loitar polos dereitos do colectivo na sociedade e fomentar a súa inserción sociolaboral.
E este o conto de Óliver
martes, 6 de novembro de 2012
AS CABAZAS DO SAMAÍN
Moitas gracias pola vosa colaboración!. SON IMPRESIONANTES!
En este video veredes moitas das cabazas que están a chegar ao colexio...
(A música é o rondo do concerto nº 1 de Chopín)
(A música é o rondo do concerto nº 1 de Chopín)
Na foto de grupo tamén puxen "co fotoshop" a Manuel e Nohemí ... que este día estaban enfermos e non quería que faltaran.
A supercabaza de Xavi!
Etiquetas:
Música clásica,
natureza,
outono,
video
A ÁRBORE SEN FOLLAS
O outro día contamos na clase o conto dunha árbore que se puxo moi triste cando se deu conta de que non tiña follas. A árbore pideulle ao sol, o vento e a choiva que lle axudasen a telas, pero a pesar da súa forza non puderon e só foron capaces de facelo os nenos e as nenas que pasaron polo monte e o viron tan triste.
Nós fixemos, co cartón dun encerado, o tronco e as ramas, démoslle cor entre todos e despois pegámoslle moitas follas que nos recortou María. As follas estaban pintadas en papel de periódico, cunha mistura de vermello e verde que, cando secou, quedou todo enrrugado, dándolle a sensación de volume para que parecesen máis reais. A nosa árbore quedounos preciosa e témola posta ao lado da porta da clase.
E aquí estamos en faena, pintando a árbore aos poucos:
E aquí estamos en faena, pintando a árbore aos poucos:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)